Casa Grande de Trives

                 Comenzo    A Casa    Onde estamos    Turismo e Actividades    A Historia    Ligazons

              Turismo e Actividades

Principais atractivos turísticos da bisbarra de Trives

- MONUMENTAL :  

Premer sobre as fotos para amplialas     

  Santa_Cristina_2.jpg (78769 bytes)     

 

Ribeira Sacra. Ruta dos mosteiros do Sil e do Bibei. Na foto Mosteiro de Santa Cristina.  

Rutas en catamarán polo Canón do río Sil.

A Axencia Hemisferios organiza rutas en catamarán polo Canón do río Sil e outros encoros do interior de Galicia durante todo o ano (en tempada baixa só as fins de semana e festivos). Podes facer a túa reserva na Casa Grande de Trives.

 O embarcadoiro de Doade está situado a media hora en coche de Trives, na estrada de Castro Caldelas a Monforte de Lemos.

Ventana_Castillo_Castro_2.jpg (37304 bytes) Castelo de Castro Caldelas. Vista dende unha ventá do castelo, no cumio de Cima de Vila. A súa orixe  data do século XIV. Na actualidade, dedícase a usos turísticos e culturais. O baixo do edificio semella un polígono irregular, adaptándose á orografía do lugar, conservándose case todos os muros da muralla, tres torres cuadrangulares e o patio de armas. No muro norte tópase unha porta principal, de medio punto e con dobre escudo de pedra: os dos lobos, símbolo heráldico da liñaxe dos Osorio, un león rampante símbolo do reino de León e un castelo símbolo do reino de Castela. Á dereita da entrada, érguese a torre do reloxo cun arco de medio punto. A torre da homenaxe flanquea a porta polo outro lado, sendo de planta rectangular.

   Comarca_de_Trives_Ponte_Bibei.jpg (71660 bytes)  

    Ponte Bibei. Puente romano en la Vía Nova XVIII de Braga a Astorga. Pertenece a la época de Trajano. Tiene 75 m de largo y 7 m de ancho. La altura del arco central desde el lecho del río es de 22,50 m. En las cercanías de Trives se pueden ver distintos elementos relacionados con esta vía, como los puentes Navea, Bibei, Cabalar y A Cigarrosa. También 11 miliarios: cuatro en Cerdeira, dos en Acibeiro, uno que se conserva en Obras Públicas en Ourense, dos en Ponte Bibei, otro de Navea que está en la casa de la Marquesa de Trives y un más en la Casa do Arco, en Cerdeira. Además quedan inscripciones como la de Lucio Pompeio Reburro en A Rúa, cuatro en la zona de Trives y dos en O Burgo. Hay también esculturas como el Togado de Freixido y los mosaicos de A Cigarrosa (Museo Arqueológico de Ourense).

Mais información en TRAIANVS

Las_Ermitas_2.jpg (80435 bytes)Santuario de As Ermidas

 

Situado no val do río Bibei, caracterizado polo seu microclima con vexetación mediterránea. O santuario barroco é un centro de peregrinación. Na Semana Santa, ten lugar o Vía Crucis, que recorre as catorce capelas situadadas ao longo da vila. Tamé é de interese a estoupa de Xudas.

A historia das Ermidas comeza coa milagrosa aparición dunha imaxe da Virxe en tempo de Sancho IV, a finais do século XII. Din que, daquela, o gando enfurecíase cando os levaban a un determinado lugar, ao cavar os pastores deron cunha Virxe de pedra debaixo dun penedo. Alí ergueron a mesma ermida, que rematou no chan,  a causa do costume dos devotos de arrancar anacos da rocha como proteccións para os seus males.

Unha das milagres máis rendibles foi a curación dun importante bispo, alonso Mexía Tovar, que ata aquí chegou, desafiuzado, no século XVI. En agradecemento mandou construír un luxoso santuario, que os seus sucesores encargaríanse de engrandecer. No hospedaría mostra a cama onde tivo lugar a curación e un retrato do bispo.

 O actual edificio barroco álzase en medio dunha rústica paisaxe con columnas salomónicas que lle fan semellar un enorme retablo. É interesante tamén un viacrucis do século XVII, de madeira, ao longo do sendeiro con catorce capelas que albergan figuras de tamaño natrual. Non hai que esquecer botar unha mirada ás fontes de pedra do século XVIII, sobre todo á da Dormida, chamada así pola escultura que hai sobre ela.

Ruta do románico. Ribeiras do Sil  e do Miño. Interior da provincia de Ourense.  

PAISAXÍSTICO Y ECOLÓGICO :  

Espazos naturais de interese. Macizo oriental ourensán, parque natural do Invernadoiro

   Premer sobre as fotos para amplialas.

 Trives_nevado.jpg (58780 bytes)       

A neve: é un dos principais recursos turístico de Trives, dada a proximidade da Estación de Montada de Manzaneda

Comarca_de_Trives_Ponte_Navea.jpg (69634 bytes)Sendeirismo: en toda a zona hai ligares que merece a pena recorrer a pé para podelo gozar con todo o seu esplendor. Un dos máis interesantes pola súa riqueza da súa vexetación e pola proximidade a Trives é o Val do Río Navea.

Por la comarca discurre parte de la Vía Romana  XVIII del Itinerario de Antonino, (Via Nova) entre Bracara Augusta (Braga) y Asturica Augusta (Astorga), que atravesaba la actual provincia de Ourense siguiendo una diagonal S.O. – N.E., desde el paso fronterizo de Portela do Home hasta la Sierra da Enciña da Lastra, buscando en Bergidum Flavium (Cacabelos o sus inmediaciones) la conexión con las más antiguas rutas XIX y XX para dirigirse a Astorga.  Más información en TRAIANVS         

Las_Medulas.jpg (24499 bytes)Las Médulas. Entre as excursións que se poden facer dende Trives no día, unha das máis interesantes son estas minas de ouro romanas situadas a uns 50 minutos na bisbarra do Bierzo. As medulas foron explotadas polos romanos entre os séculos I e II mediante un sistema que sonsitía en facer pasar auga por túneles escavados na montaña, producíndose esborrallamentos e decantando logo os sedimentos para separar o ouro que se atopaba nunha proporción de 1 a 7 gramos por tonelada, o que obrigaba a grandes movementos de terra que configuraron a paisaxe de maneira espectacular.

Premer sobre as fotos para amplialas

Encoros e ríos de montaña  

 Rio_Sil_2.jpg (26996 bytes)

Cañón do Sil. Canón do río Sil: excursión en catamarán saíndo dende Doade, a 30 minutos de P. Trives. Tamén se pode seguir parte da ruta en piragua. Outra alternativa é facer o recorrido en coche visitando os mosteiros e contemplando as marabillosas vistas do canón do Sil dende os miradoiros “Os Balcóns de Madrid” e “Mirador de Vilouxe”.

DEPORTIVO:  

Manzaneda Estación de Montaña. Práctica do esquí e deportes de montaña

Rutas en piragua polos encoros e ríos de toda a zona: Guístolas, Santo Estevo, Chandrexa, Prada

Pesca 

Deportes ligados á auga. Encoros, ríos e piscinas públicas (en P. de Trives a 500m, Manzaneda a 8 km e na Estación de Montaña, climatizada).

Polideportivo (a 500 m)

                   

         Salida_del_sol_en_Trives_grande.jpg (212732 bytes)              A_Barreira_en_Otono_8.jpg (71229 bytes)               

        Amencer en Trives                 A Barreira

   Premer sobre as fotos para amplialas   

Subir