Casa Grande de Trives

                Comenzo    A Casa    Onde estamos    Turismo e Actividades    A Historia    Ligazons

Onde Estamos

A Casa Grande de Trives está situada no centro da Pobra de Trives, pequena vila de montaña duns 1.500 habitante no norte da provincia de Ourense, a 69 Km da capital provincial e a 77 de Ponferrada.

 

¿Como Chegares?

 

-Dende Ourense: 69 Km pola OU-536 (antes C-536) pola Derrasa e Castro Caldelas.

 

-Dende Santiago de Compostela: dirección Ourense-Lalín pola autoestrada A-53 ata Silleda. Logo, pola N-525 a Ourense. Ao chegares a Ourense, antes de entrares na cidade, cómpre desviarse Ourense-Este,  cruzares a ponte e aproximadamente un quilómetro despois, á dereita, dirección “Velle,  A Loina” e lodo dirección “A Loina” – Ourense. Ao chegares a unha pequena rotonda cunha estatua de pedra, hai que seguir á esquerda pola OU-536.

Ollo!: nalgúns cruces hai sinais que indican “Terras de Trives”, pero coidado porque non están en todos os necesarios. Se ten problemas para atopares a estrada, non dubiden en nos chamar para que lles demos indicacións adicionais.

 

-Dende Madrid,Ponferrada: pola A-6, Autovía do Noroeste ata a saída 400, logo dirección Ourense, Monforte pola N-120 ata o quilómetro 468, dirección a Rúa, Trives e no semáforo dirección P.Trives pola OU-636 (antiga C-536).

 

-Dende A Coruña, Lugo: pola A-6 Autovía do Noroeste ata a saída 488 (Nádela, Sarria) logo pola C-546 ata Bóveda e aquí dirección Quiroga-Ponferrada ata chegar á Rúa e continuar a P. Trives pola OU-636 (antiga C-536).

 

Dende Vigo, Oporto: autovía das Rías Baixas A-52 dirección Ourense ata a saída nº233, logo indicador Ourense centro – Estación de Autobuses (o cruce está a continuación dos primeiros edificios girses altos), na rotonda á dereita (centro da cindade- RENFE-), debes pasar por diante da estación de RENFE e seguires a rúa paralela ás vías do tren, seguidamente pase por embaixo da ponte e logo por riba da Ponte Nova que cruza o río Miño, xusto á saída hai unha rotonda con tres pirámides pequenas metálicas e á esquerda está a estrada OU-536 (antes C-536) que conduce a Trives (logo de pasares por debaixo da ponte do ferrocarril e por unha rotonda pequena con unha estatua de pedra).

 

Santiago - Aeroporto:              2h 15m

Vigo - Aeroporto:                     1h 45m

A Coruña - Aeroporto:             2h 20m

Estacións de Ferrocarril RENFE

A Rúa – Petín  a 23 Km. por OU-636

Ourense a 69 km por OU-536

A Gudiña