Casa Grande de Trives

                  Comenzo    A Casa    Onde estamos    Turismo e Actividades    A Historia    Ligazons 

             

Benvidos a páxina da Casa Grande de Trives   

   

A casa Grande de Trives está á disposición de turistas e viaxeiros seguindo os modelos francés das Chambres d´hôtes e o portugués do Turismo de Habitação, coñecido en España como Turismo Rural. Ora ben, na práctica funciona coma un pequeno hotel (“Pequeno Hotel con Encanto”, segundo o termo imposto por unha publicación dunha importante guía de hoteis española e o seu equivalente na Inglaterra: Small Charming Hotels.

 

Nas vindeiras páxinas preténdese mostrar a nosa comarca e, como non, a Casa Grande na que vos recibiremos con gratitude. Dende aquí pódense visitar espazos tan interesantes como a Ribeira Sacra cos seus mosteiros, o Canón do Sil podéndoo recorrer en catamarán ou mesmo en piragua e gostar dos monumentos dunha provincia rica en historia (románico, barroco...).

Asemade, pode dedicar o seu tempo de lecer á práctica de deportes acuáticos nos diferentes ríos e encoros da zona, gozando das preciosas paisaxes da montaña ourensá e lugares de grande interese ecolóxica. Poderá practicar o esquí e outros deportes de montaña na Estación de Manzaneda sen esquecer o aventuramento  ben sexa a pé ou a bicicleta polos centos de recunchos con encanto propio desta Serra.

Ademais, convén sinalar tamén, a boa base para facer excursións a outros lugares  pretos e de grande interese como As Medulas, o Parque Natural do Invernadoiro, O Caurel e, cidades coma Ourense e outra de Galicia ata de León e norte de Portugal.

 

                       

 

Casa Grande de Trives

C/ Marqués de Trives, 17                              

32780-P. de TRIVES (Orense)              Tel./Fax: 988-33.20.66

email: informacion@casagrandetrives.com     

Contador de visitas a la página

24/12/06