Casa Grande de Trives

                 Comenzo    A Casa    Onde estamos    Turismo e Actividades    A Historia    Ligazons

                A Historia

A Casa Grande de Trives foi fundada o século XVII por D. Antonio Pérez Mercero e Dona Catalina Rodríguez Nieto. Dende entón esta casa pasou por diferentes etapas, unhas mellores que outras, reflexo non só das distintas circunstancias dos propietarios, senón que tamén pola historia da Pobra de Trives e en xeral de Galicia.

Como todos os pazos, ten a súa época de esplendor no S. XVIII, iniciándose logo un ha etapa de decadencia a partires de finais do século XIX e especialmente a mediados do século XX, co abandono definitivo de moito deles. No caso da Casa Grande de Trives a maior ferida produciuse en 1969 cando perde unha parte moi importante da súa estrutura, despois de estar moito tempo abandonada, pasado o cal a súa propietaria, Adelaida Álvarez Martínez recupera o control volvendo de novo a mans da familia tal como era desexo da súa avoa Adelaida González Prada (tras un longo período de preitos e numerosos problemas aos que se enfronta obtendo enerxía do amor á súa terra e ao que representa un estilo de vida que a nostalxia se empeña en preservar). Ante o estado de estar medio ruinoso, decide darlle vida de novo tomando como modelo o dos nosos amigos os portugueses e franceses que tanto nos animaron para iniciar en 1989 unha actividade que daquela practicamente era descoñecida en Galicia coñecido actualmente como: Turismo Rural (Turismo de Habitaçao, Chambres d'Hôtes) 

Foro_Casa_Grande.jpg (48329 bytes)Este é un dos foros da Casa Grande de Trives.

 

 

Fachada_y_chimenea_2.jpg (54228 bytes)Portalón de entrada da antiga finca da Casa Grande de Trives e cheminea ( destruidos en 1969).

 

Chimenea_2.jpg (124024 bytes)Antiga cheminea da Casa Grande de Trives (destruida en 1969)

 

(foto: Carlos Temes)

Aspectos antes e depois da restauración.

Galeria_patio_antes_restaurar_2 Casa Grande de Trives.jpg (32472 bytes)         Casa Grande de Trives  Galeria_Patio_Turgalicia.jpg (32181 bytes)

Galería do Patio antes e despois da restauración

O escudo da Casa Grande de Trives representa as seguintes armas:

 Casa_Grande_de_Trives_escudo.jpg (34292 bytes)

-       Domínguez: De sinople con dous castelos de ouro unidos por unha cadea do mesmo metal e sumados dun aguia tamén de ouro que posa as súas garras en ambas torres centrais dos castelos.

-         Gayoso: En campo de azur, tres franxas de ouros e dúas troitas raiadas entre elas

-         Quiroga: En campo de gules, cinco estacas de ouro que simbolizan a orixe lendario desta liñaxe, cando un cabaleiro desta estirpe defendeu dos mouros o Val do Quiroga mediante estacas calzadas de ferro nas súas puntas

-         Losada: É unhas das representacións máis complexas que podemos atopar en Galicia, pois ademais da lousa e dos lagartos, aparece, como en Trives Vello e San Lourenzo, a figura dun cabaleiro, que no balso da Casa Grande de Trives se representa ademais matando a un dragón, como símbolo das alimañas desprazadas do solar de Quiroga polos míticos fundadores desta liñaxes, os irmáns Juan e Diego de Losada.

Nesta casa viviron o famoso abade de Casoyo D. Juan Ramón Quiroga e Uría que foi nomeado Xeneral das tropas que combateron aos franceses en terras de Trives e Valdeorras, apoiando ao marqués de La Romana; e D. Juan Bernardo Quiroga que foi deputado nas Cortes de Cádiz  e un dos pais da Constitución de 1812.

La Casa Grande de Trives  

           

Situado no centro urbano de P. de Trives, conserva actualmente a maior parte da súa estrutura orixiinal. A fachada principal posúe dous balcóns corridos a ambos lados do corpo central, onde se levanta a torre, entre cuxas ventás se atopan a pedra de armas. Ten un patio central circunscrito con columnas e capela baixo a advocación da Virxe do Carme, con campanario acoroado á fachada e un retablo do século XVIII xemelgo da Casa da Peña, ambas capelas gozan do privilexio episcopal de exposición do Santísimo.

Cando se produce un feito histórico relixioso coma a vida dunha imaxe Xesús Crucificado a P. de Trives (que se venera na Igrexa parroquial de Trives) as auténticas e documentos son confiados a D. Juan Domínguez de Losada (en 1774). Un fillo deste señor casou na capela nos últimos anos do século XVIII con dona Joaquina Quiroa y Uría da Casa de Lamela en Quiroga. Irmáns de Dª Joaquina e que viviron neste pazo son o famoso Abade de Cayoso D. Juan Ramón Quiroga y Uría que foi nomeado Xeral das tropas que combateron aos franceses en terras de Trives e Valdeorras, apoiando ao Marqués de la Romana e D. Juan Bernanrdo Quiroga y Uría que foi deputado nas Cortes de Cádiz e un dos pais fundadores da Constitución de 1812.

           

A Casa Grande de Trives foi fundada a mediados do século XVII por D. Anotio Pérez Mercero e a súa dona Dª Catalina Rodríguez Nieto. Tiveron por dous fillos a Dª Luísa Pérez Nieto, casada con D. Tomé Pérez de Santa María de Trives; D. Domingo Pérez Nieto, presvístero; e D. Pedro Pérez Nieto que casou con Dª Jacinta Domínguez de Gayoso Losada, filla de D. Juan Domínguez de Losada Gayoso, seño da Casa da Peña de Manzaneda. Este matrimonio formado por D. Pedro e Dª Jacinta non tivo descendentes, mais foron importantes fundadores de vínculos.

Dª Luísa e D. Tomé tiveron por filla d Dª Josefa Pérez Nieto, que casou con D. Juan Pérez, segue así a liña a súa filla Dª María do Carme Pérez Nieto que casou con D. Juan Domínguez de Losada Gayoso Enríquez, herdando os vínculos fundados por D. Pedro e Dª Jacinta. Era ese D. Juan, fillo de D. Baltasar Domínguez de Losada y Gayoso, casado con Dª Rosa Enríquez del Valle, que era a súa vez irmán de Dª Jacinta o fillo tamén do referido D. Juan Domínguez de Losada Gayoso y Quiroga, señor da Casa da Peña.

Nos arquivos da Peña e a Casa Grande consérvanse árbores xenealóxicos da familia a partires do S. XVI e un manuscrito co brasón  e despacho de armas das nobres e antigas casas e solares infanzonados dos apelidos de domínguez, Quiroga, Losada y Gayoso, que son os representados na pedra de armas da Casa Grande de Trives.

Dª Jacinta Pérez Nieto (irmá de Dª Mª del Carmen) será cabeza da Casa dos marqueses De Trives, en canto que casada con D. Domingo Antonio Rodríguez Casanova, resultan ser bisavós do primeiros Marqués de Trives. Os fillos de D. Juan Domínguez Losada son pois, os curmáns do primeiro marqués de Trives.

Ao longo do S. XIX entronca tamén esta Casa coa dos Perán de Valdeorras, os Prada Losada de San Lorenzo e os Casanova de Trives.

Dª Joaquina é filla de D. Joaquín Quiroga Losada, señor de Lamela e de Dª Gertrudis Uría y Queipo, señora de Ivedo, os seus irmáns acadaron gran releve na loita contra os franceses, por un lado D. Juan Ramón Quiroga e Uría, conocido polo Cura Xeneral Quiroda, Abade de Casoyo e, doutro, D. Juan Bernardo Quiroga y Uría, deputado das Cortes de Cádiz.

Dáse a circunstancia de que este D. Juan Bernanrdo, tan vinculado á casa Grande de Trives, asina a constitución liberal de Cádiz, mentres o Marqués de Castellano, antepasado do de Trives, subscribe case por entón a Constitución Realista de Baiona.

Por liña de D. Juan Bernardo, entronca a Casa de Lamela coa dos Quiroga de Lusío, a casar a súa filla Dª Ramona de Quiroga y Prado con D. Manuel María Vázquez de Quiroga e Queipo de Llano. Deste xeito unha sorbiña de Dª Joaquina, señora da Casa Grande de Trives, ostentará os títulos de Condesa de Torre Novaes e Vizcondesa de Espasantes, e a súa sobriña neta, Dª María Manuela Vázquez Quiroga e Queipo de Llano, terá o título da Condesa de Santo Martín de Quiroga.

A finais do S. XIX rómpese de maneira irregular o morgado, co que unha parte da Casa Grande de Trives e dos seus eidos, pasan a mans alleas á familia